Hello children!

How are you? Hoxe pola mañá Lucy estaba moi concentrada cando a encontrei e mirade o que estaba escribindo: un “acrostic” co seu nome. Animádesvos a facer o mesmo?

É moi fácil, só tedes que escribir o voso nome en vertical e despois pensar palabras en inglés que comecen por esas letras e escribilas en horizontal.

Lucy escolleu palabras que aprendemos este ano: “love, underpants, caterpillar, yellow”.

Podedes escribir o voso “acrostic” no material que máis vos guste, porque Lucy xa sabe que sodes grandes artistas 😉

Se vos animades a facer esta actividade, enviádeme algunha foto a teachermontsedominguez@gmail.com

Have fun!

Teacher Montse

P.D.: Peppa Pig quere axudarvos coas letras e as palabras en inglés.

Hello children!

How are you? Mirade como encontrei a Lucy no xardín!

“Lucy loves reading” e como sabe que esta semana celebramos o “World Environment Day” decidiu ler este libro, “The Earth Book”, nun dos seus sitios preferidos do xardín.

Animádesvos a escoitar este fermoso libro con ela? Déixovos un vídeo no que unha nena le o conto.

E vós, que facedes para “take care of our planet”?

Facede un debuxo ou o que vos queirades mostrando o que facedes para coidar o noso planeta e enviádeo a teachermontsedominguez@gmail.com para que  Lucy e todas as vosas compañeiras e compañeiros poidan velo.

Enjoy and take care of the earth!

Teacher Montse

Hello children! How are you today?

A Lucy encantoulle o libro ” Aliens love underpants” e mirade o que leva posto na cabeza! Hoxe díxome que quería viaxar á lúa…Queredes acompañala? Pois preparade os vosos astronaut helmets;)

Deixovos un vídeo por se queredes facer o voso “astronaut helmet”.

Se queredes enviar fotos dos vosos astronaut helmet, escribídeme a teachermontsedominguez@gmail.com.

Hello! How are you? Ola a tod@s! Como non podemos vernos en clase, comezarei a escribirvos por aquí para seguir propoñéndovos diferentes actividades!

Se queredes enviar fotos do que facedes, escribídeme a teachermontsedominguez@gmail.com.

Tamén hai alguén que vos quere saudar…

Hello children!

I love reading and looking at art, and of course I love trees 😉

I miss you!!

A big hug, Lucy

P.D. Se vos apetece, contádelle a Lucy que é o que máis vos gusta facer. Podedes facer un debuxo e escribir “I love….”.

Recordade a canción tan pegadiza de Pete the Cat ” I love my white shoes!”

Topic 4. Speaking: Wash-day, Dorotea Lange (1942)

20,000 Leagues Under the Sea (Monumento a Julio Verne, Vigo)

Topic 3. Speaking: Family Group, Fernando Botero. (1932)

Topic 3. Speaking: Rain Family Super Hero Girl And Boys, Vickie Wade. (2019)

Topic 2. Speaking: Maya with Doll, Picasso. (1938)

Topic 1. Speaking: Norman Rockwell (1894-1978), Boy with Baby Carriage

Copyright ©2019 Octopus’s Garden.
Theme: Esquire by
Matthew Buchanan.