Little Artists: My Stick Puppet!

Little Artists: My Stick Puppet!


Hello children!

How are you? A semana pasada estivemos repasando os números (numbers) e as partes do corpo (parts of the body).

Esta semana propóñovos unha divertida actividade coa que podemos repasar as partes da cara (face) e reciclar os paos dos xeados (ice creams) que estades a comer 😉

Mirade o vídeo e despois facede os vosos stick puppets. Se queredes enviarme algunha foto do resultado, podedes escribirme a teachermontsedominguez@gmail.com

Enjoy!

Teacher Montse

Hello children!

How are you? A semana pasada repasamos numbers e algunhas partes to corpo: hands, feet, fingers and toes.

Esta semana propóñovos repasar “parts of the face”.

Escoitade e cantade estas dúas cancións, and the most important HAVE FUN!

Teacher Montse

Little Artists

Little Artists: My Fingers and My Toes!

Little Artists: My Fingers and My Toes!

Little Artists: Memory Game!

Little Artists: Memory Game!

Hello children!

How are you? Parece que o tempo segue un pouco inestable…Recordade que para falar do tempo que fai hoxe preguntamos:


” What’s the weather like today?

Propóñovos que sigamos aprendendo vocabulario con Peppa Pig (que sei que vos gusta moito).

Mirade este vídeo e estade atent@s as seguintes palabras: picnic, cookie, hungry, sound, thunder, thunderstorm, garden, wet, dry, rain, bucket, flash and bang, one, two, three, four, five, muddy puddles.

E como di Peppa Pig: “I love thunderstorms, they make muddy puddles!”

En galego podemos dicir “Encántanme as treboadas e a choiva patiñeira, e brincar nas charqueiras que se forman!”

Esta semana celebramos o día das Letras Galegas (17 de maio) e este ano está dedicado a Ricardo Carballo Calero que escribiu sobre as pitas e a chuvia. Deixovos un enlace para coñecer algo máis sobre este libro.

A big hug,

Teacher Montse

Hello children!

How are you? Esta semana continuaremos a repasar o tempo atmosférico, pero desta volta propóñovos un “memory game”. Atrevédesvos a poñer a proba a vosa memoria?

Se vos apetece enviarme algunha fotiño do que fagades, xa sabedes, escribídeme a teachermontsedominguez@gmail.com

Have fun!

Teacher Montse

P.D.: Tamén podedes ver o seguinte vídeo no que a Elliot family xoga a “Memory Game”:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/video-tips/memory-game

Little Artists: My Weather Wheel!

Little Artists: My Weather Wheel!

Hello children!

How are you? A fin de semana parecía que a primavera chegara para quedarse e onte comezou a chover de novo…Que vos parece se repasamos “seasons, weather and days of the week” construíndo unha triple ruleta?

No vídeo que fixen para vós veredes como podedes facelo e ademais hai alguén que quere saudarvos 😉

Facede as vosas Weather Wheels e se queredes eviádeme algunha fotiño a teachermontsedominguez@gmail.com.

Have fun!

Teacher Montse

P.D. As nenas e nenos de 5ºEI do CEIP Pedro Barrié de la Maza comezastes a facer as vosas ruletas do tempo a semana pasada, se queredes podedes adaptalas ao Inglés facéndolle outras dúas wheels para practicar tamén as estacións e os días da semana.

https://mondegoaclimatase.blogspot.com/2020/04/as-mestras-de-5-de-educacion-infantil.html

Hello children!

How are you? Parece que a primavera chegou e comeza a facer calor! Lembrádesvos como diciamos en clase: 
” What’s the weather like today? Today, It’s sunny!”

Propóñovos que aprendamos algo de vocabulario con Peppa Pig. Mirade este vídeo e estade atent@s as seguintes palabras: paddling pool, swimming costumes, cream, ice cream, puddle and boots.

E como di Miss Rabbit: “Enjoy the weather!”

Teacher Montse

P.D. Mañá propoñereivos un craft para esta semana.

Copyright ©2019 Octopus’s Garden.
Theme: Esquire by
Matthew Buchanan.