
Routine: What’s the weather like today?
Routine: What’s the weather like today?
Routine: Our daily calendar!
Hello children!
How are you? Lembrades como comezabamos todos os días a clase de inglés? Si, cantando con Lucy a súa canción favorita “Hello how are you”. Onte Lucy pediume que gravásemos este vídeo para que poidades cantar con ela unha vez máis 😉
Botarémosvos moito de menos!!
Enjoy the summer and take care!
A big hug,
teacher Montse and Lucy
P.D.: Se queredes contarnos algo ou enviarnos fotos do que fagades durante o verán podedes escribir a teachermontsedominguez@gmail.com.
FUN SONG and Sponge Bob!
Hello children!
How are you? Comezamos a semana escibindo “acrostics” cos nosos nomes.
Hoxe deixovos unha canción de Sponge Bob que fala de “FUN” e de palabras que conteñen algunha desas tres letras : friends, you, anywhere, anytime, frolic, flowers, ukelele, …
Estade atent@s and enjoy!
Teacher Montse
Little artists: My acrostic!
Hello children!
How are you? Hoxe pola mañá Lucy estaba moi concentrada cando a encontrei e mirade o que estaba escribindo: un “acrostic” co seu nome. Animádesvos a facer o mesmo?
É moi fácil, só tedes que escribir o voso nome en vertical e despois pensar palabras en inglés que comecen por esas letras e escribilas en horizontal.
Lucy escolleu palabras que aprendemos este ano: “love, underpants, caterpillar, yellow”.
Podedes escribir o voso “acrostic” no material que máis vos guste, porque Lucy xa sabe que sodes grandes artistas 😉
Se vos animades a facer esta actividade, enviádeme algunha foto a teachermontsedominguez@gmail.com
Have fun!
Teacher Montse
P.D.: Peppa Pig quere axudarvos coas letras e as palabras en inglés.
World Enviroment Day! 5th June 2020
Hello children!
How are you? Esta semana estamos celebrando o “World Environment Day”.
Sabedes que é moi importante coidar o medio ambiente reciclando. Por iso, propóñovos que aprendamos sobre reciclaxe vendo un episodio de Peppa Pig.
Estade atent@s as seguintes palabras: recycling, binman, rubbish, rubbish bin, red box, blue box, green box, tin cans, bottles, newspapers, recycle centre.
E como canta Peppa Pig: “Recycle, recycle we’re going to recycle”
Have fun and recycle!
Teacher Montse
Little Artists
Little Artists: I take care of my planet!
Hello children!
How are you? Mirade como encontrei a Lucy no xardín!
“Lucy loves reading” e como sabe que esta semana celebramos o “World Environment Day” decidiu ler este libro, “The Earth Book”, nun dos seus sitios preferidos do xardín.
Animádesvos a escoitar este fermoso libro con ela? Déixovos un vídeo no que unha nena le o conto.
E vós, que facedes para “take care of our planet”?
Facede un debuxo ou o que vos queirades mostrando o que facedes para coidar o noso planeta e enviádeo a teachermontsedominguez@gmail.com para que Lucy e todas as vosas compañeiras e compañeiros poidan velo.
Enjoy and take care of the earth!
Teacher Montse
Copyright ©2019 Octopus’s Garden.
Theme: Esquire by Matthew Buchanan.