Hello children!

How are you? Hoxe pola mañá Lucy estaba moi concentrada cando a encontrei e mirade o que estaba escribindo: un “acrostic” co seu nome. Animádesvos a facer o mesmo?

É moi fácil, só tedes que escribir o voso nome en vertical e despois pensar palabras en inglés que comecen por esas letras e escribilas en horizontal.

Lucy escolleu palabras que aprendemos este ano: “love, underpants, caterpillar, yellow”.

Podedes escribir o voso “acrostic” no material que máis vos guste, porque Lucy xa sabe que sodes grandes artistas 😉

Se vos animades a facer esta actividade, enviádeme algunha foto a teachermontsedominguez@gmail.com

Have fun!

Teacher Montse

P.D.: Peppa Pig quere axudarvos coas letras e as palabras en inglés.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright ©2019 Octopus’s Garden.
Theme: Esquire by
Matthew Buchanan.