
Hello children!
How are you? Mirade como encontrei a Lucy no xardín!
“Lucy loves reading” e como sabe que esta semana celebramos o “World Environment Day” decidiu ler este libro, “The Earth Book”, nun dos seus sitios preferidos do xardín.
Animádesvos a escoitar este fermoso libro con ela? Déixovos un vídeo no que unha nena le o conto.
E vós, que facedes para “take care of our planet”?
Facede un debuxo ou o que vos queirades mostrando o que facedes para coidar o noso planeta e enviádeo a teachermontsedominguez@gmail.com para que Lucy e todas as vosas compañeiras e compañeiros poidan velo.
Enjoy and take care of the earth!
Teacher Montse